lunes, 31 de agosto de 2015

Novo horario

O noso horario definitivo é o seguinte:

Abrimos de Luns a Venres :
  • de 10:00 a 2:00
  • e pola tarde de 5:00 a 9:00.
Os sábados:
  • Polas mañás de 10:00 a 2:00.
Podes seguirnos moito mellor no noso Facebook que intentamos actualizar case a diario:


viernes, 17 de enero de 2014

Reutilizar tentacións...

A nosa amiga Xandra probou a Tentación de Eva este Nadal, a tarta de mazá de Fina Rei de Allariz. Xa sabedes, hai que probala é moi moi rica, pero a súa presentación, nunha caixiña de madeira está feita tamén con moito mimo e se cae nunhas mans creativas este é o resultado, con explicación do proceso de elaboración incluído, graciñas Xandra.
 Os "ingredientes": A Caixa da Tentación de Eva, uns tapóns de tetrabricks, uns parafusos coas súas torcas, tesoiras, uns vasos para facer as formas, ou un compás, un punzón para facer os buratos e papel adhesivo da cor que se queira, pizarra adhesiva neste caso.
 
 
 O resultado


Xa a pleno rendemento e tuneado con pegatinas.
Cousa bonita!!!


sábado, 14 de diciembre de 2013

O noso primeiro Nadal.II

Querémosvos presentar   algunha das nosas novidades en bebidas para este Nadal...
Unha proposta de Bodegas Fragamoura (adicada con moito agarimo as miñas Chris, elas saben). Un sorprendente espumoso galego feito por unha muller valente. Estase presentando estas semanas cun grande éxito.
 
E tamén temos un cava   de Bodegas Pinord elaborado con uvas de agricultura ecolóxica. Observade as propostas de maridaxe da súa páxina web, non temos que esperar as uvas para disfrutalo. 
 
Dúas magníficas maneiras coas que brindar este Nadal...
próximamente as novidades en sidra e cervexa, botamos por fóra!
 
 

lunes, 2 de diciembre de 2013

O noso primeiro Nadal .I

Con moito gusto empezamos hoxe unha serie de entradas cos novos produtos que vos ofrecerá a Despensa do avó Francisco para este Nadal. E tiñamos que empezar con sabor a chocolate. Xa Finarrei nos vén acompañando hai uns meses cos seus chocolates, amendoados e coa súa magnífica tarta de mazá A tentación de Eva, e agora cos seus turróns artesanais, galegos, delicados e cunha presentación inmellorable.
Tamén podedes encontrar os Turróns  artesanais e ecolóxicos  da man de Torrons Biolluch con variedades dos sabores tradicionais.
 

domingo, 8 de septiembre de 2013

Agasallos con corazón... branco



 
 
Pasámolo ben preparando esta cesta agasallo personalizada, sobre todo pola súa orixilalidade. É para un amante das caipiriñas, leva unha botella de Cachaça, o mezclador, lima, fresón e panela...pero támén unha cesta feita a medida por Carmen Fieiras e unha guirnalda de corazóns brancos de mimadriña...e esta última foto pode ser probablemente o resultado...
 

s

jueves, 11 de julio de 2013

Plantas medicinais de Galiza II

A herba deste mes, siii xa sei era unha proposta semanal, é que tivemos discrepancias coa orde de plantas a seguir, e ao final  resultou ser unha proposta mensual e non aleatoria :O) , e se vós parece ben así vai quedar . Pois a pranta elexida polo enxeneiro de chourizos e prantas da Despensa do avó Francisco foi a Herba Ceruda.
É unha pranta bastante común que medra en paredes. E o zume alaranxado que segrega cando se corta é moi cáustico  polo que foi empregado como remedio para a eliminación dos eczemas da pel e das verrugas, de aí o nome popular de Herba das Verrugas. Como conta no libro é tan popular que se di dela que : "a ceruda, todos os males cura".
Segundo algúns curandeiros é unha pranta de uso máxico, que semella estar dotada de intelixencia humana nada menos! Animádevos a buscala!

 
 

sábado, 15 de junio de 2013

Plantas medicinais de Galiza

Antes de abrir a tenda recibimos un agasallo moi especial, o libro da tristemente desaparecida editorial A nosa Terra:  Plantas Medicinais de Galiza. Presta mimalo, lelo e observar as fermosas ilustracións. E dende esta semana compartímolo con vós no noso escaparate. Cada semana abrirémolo por unha planta distista. Esta semana tocoulle á Herba dos Carpinteiros, valorada polas súas propietades cicatrizantes e antiinflamatorias e que foi moi empregada para a curación das feridas, de aí o nome.  É unha especie moi común tanto que esta mañá houbo quen se inspirou e nos trouxo a herba do carpinteiros. E non sei se isto se convertirá nunha tradición, queredes xogar con nós? Se non atopamos unha semana a herba que nos toca, convidaremos aos nosos clientes a buscala...pode ser ben interesante e de seguro que todos imos aprender un montón de cousas das herbas medicinais...vou tomar por certo  unha infusión de melisa de Milhulloa para celebrar a iniciativa